Benvida!!!
Benvida a todas e cada unha das familias e persoas que a título individual vos interesades pola nosa escola.
Esta páxina web créase para achegarvos toda a información que nos parece de interese.
Dende o equipo de mestras queremos darvos unha benvida especial neste tempo de comunicarnos na distancia. Un tempo marcado por una pandemia cuxo final parece cada día un pouquiño máis próximo.
Lembrarvos que tanto nos correos electrónicos como no teléfono da escola estamos á vosa disposición.
E vai un guiño especial para os nenos e nenas:
*Para quen rematades a etapa de Educación Infantil este curso, buscaremos o xeito de que recollades o voso material e vos poidades despedir da vosa titora.
*Para quen continuades con nós, veremos cal é o mellor momento de facervos chegar o voso material.
En ambos casos, debemos agardar ás instruccións da Consellería de Educación, e todo apunta a que será a través de cita individualizada.
E mentres non nos vemos, seguimos en contacto telemáticamente, pois xa sabedes o moito que nos gusta saber de todas e cada un de vós.
Moito ánimo e unha enorme aperta!!!