Outra das propostas incluídas no plan CPinnova é facer recreos "saudables" a través da actividade física. Para iso, cada día da semana os alumnos e alumnas participarán en xogos e actividades que lles axuden a manterse en forma.Qué ben o pasamos!
Todas as semanas os alumnos e alumnas de cada clase,baleiran o cubo de residuos orgánicos que se atopa nas súas respectivas clases e botan estes residuos no composteiro do patio.Esta actividade forma parte do programa CPinnova.
A pasada semana chegou o composteiro á escola.Cada clase terá un caldeiro no que tirarán os restos orgánicos das merendas. Cada mércores, axudados polo profe Rogelio, depositarán estes restos no composteiro situado no patio.
Este ano tomouse a decisión de cambiar as merendas para que sexan máis saudables. Ter unha alimentación adecuada é imprescindible para crecer fortes e sans. Por iso dende o programa CPinnova tratarase de inculcar estes bos hábitos.
Este ano a nosa escola foi seleccionada por primeira vez para participar no programa CPinnova.Estamos moi ilusionados con esta nova aventura.Realizaremos un montón de actividades que podedes seguir na nosa páxina web.