Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión,para o vindeiro curso escolar 24-25, informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro foi admitido.
A listaxe de admitidos e admitidaspode consultarse no taboleiro de anuncios, situado no interior do edificio escolar.
Lembramos que, do 20ao 30 de xuño,as familias deberán pasar polo centro para a formalización de matrícula.
Fotocopia do libro de familia da folla do alumno/a.
Fotocopia tarxeta sanitaria.
Certificado médico.
Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.
Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.
Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.
De ser o caso, fotocopia do convenio regulador ou resolución de separación xudicial ou divorcio.
2 fotografías tamaño carné.
Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.
Cuestionario sobre a lingua materna.
Opción sobre o ensino de relixión.
Autorización uso da imaxe.
CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN
Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no taboleiro de anuncios do centro: 25 de abril.
Publicación das listaxes definitivas no taboleiro de anuncios do centro: 15 de maio.
Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
IMPORTANTE
Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar.
O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.
No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.