O mércores pasado todo o cole fixo un treito do Camiño Norte dende a rúa Porta de Cima ata a ponte do río Magdalenano km 118. Finalmente tomamos o tentempé no muíño do Rañego para rematar a nosa andaina no cole. Visitamos o albergue da Pedreiras, encantóunos, onde nos selaron a credencial, a tenda de alimentación Prestes que nos selaron e nos agasallaron cun paraugas de chocolate. Pasamos por diante da Torre dos Andrade, da igrexa Parroquial de Vilalba e empredimos de novo o camiño ata o noso destiño.
Os nenos de 4 e 5 anos tivemos a oportunidade de disfrutar do encanto do Paseo dos Condes e de recoller follas para diferentes actividades que se van realizar no cole.
Dende //Afundación, da Obra Social Abanca, puxeron en marcha o programa AfundaciónNaCasa con multitude de recursos educativos como experimentos, receitas, arte... para este período de confinamento.
Deixámosvos estes dous experimentos para pasar un rato en familia durante a fin de semana.
Os nenos e nenas de 5º Infantil (4 anos), con motivo do comezo dun novo proxecto adicado ao "MaR" visitaron, esta semana, o "AqUaRiUmFiNiStErrAe" da Coruña (recoñecido como o 4º mellor acuario de España).
Para conmemorar o "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO", veu a visitarnos a compañía "Trinke Trinke" co contacontos "Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo aprenden a querer", a través do cal se fomentan os vínculos afectivos, o respecto e as relacións cos demais.
O martes tivemos a sorte de asistir, na biblioteca municipal, a un concerto do músico e cantante Pablo Díaz ( autor de 4 traballos discográficos adicados ao mundo infantil: "TIC, TAC", "TOC, TOC", "XENTE MIÚDA, MOITA FARTURA" e "TIC, TAC, TOC".