EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Dinamización da Lingua Galega

OS NEN@S DA EEI DE VILALBA PERCORRERON O CAMIÑO DO NORTE

OS NOSOS NENOS PERCORRERON O CAMIÑO DO NORTE DENDE IRÚN ATA SANTIAGO DE COMPOSTELA. En cada parada vannos explicando peculiaridades, consellos e visitas  de interese cultural.

É un traballo proposto dende o equipo de VOZ NATURA e integrado no proxecto de centro e no PLAMBE de bibliotecas escolares. 

O profe Carlos dende o seu estudo de gravación agasallounos con esta divertida, elaborada e  fermosa montaxe.

Preme na imaxe que vos levará directamente a google maps e non esquezades picar nos puntiños vermellos.

 

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

VIDA E OBRA DE XELA ARIAS CASTAÑO

Este ano o día das LETRAS GALEGAS adicáselle a poeta, escritora, editora, loitadora, traductora, compositora,...

XELA ARIAS CASTAÑO

.

 

dende  o noso cole tamén a quixemos homenaxear elaborando un tríptico informativo-didáctico e un mural. 

E como dí a canción,...

XELA VAI PARA TI 

 

 

 

REVISTA ESCOLAR "A CARRILANA DAS NOVAS"

 

CONCERTO VIRTUAL MAMÁ CABRA

A Deputación de Lugo segue co ciclo cultural "AS LETRAS NA REDE"No seu programa inclúe o concerto de MAMÁ CABRA para o 24 de maio ás 19:00.

Picade na imaxe para acceder. 

 

TEATRO DE TÍTERES "MIRCROMINA"

A Deputación de Lugo está a celebrar as Letras Galegas cunha programación en liña co nome "AS LETRAS NA REDE", entre o 17 e o 27 de maio.

Trátase dun ciclo cultural que se poderá seguir a través da canle de youtube da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O 19 de maio ás 19:00, en directo dende Lugo, espectáculo de "MIRCROMINA- TÍTERES" para toda a familia.

Picade na imaxe para acceder. 

 

ESPECTÁCULO MUSICAL "PUÑO, PUÑETE"

 

 

Pica na imaxe para acceder á canle do Concello de Vilalba

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

CARVALHO CALERO: "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

Aquí van uns recursos para traballar o relato "As pitas baixo choiva", de Carvahlo Calero. 

 

CONTO 

 

 

MÚSICA 

 

 

XOGO

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

Na semana das nosas letras o equipo de biblioteca quere achegarvos ao homenaxeado deste ano. 

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

 

 

EN 1963, CANDO SE CUMPRÍAN  100  ANOS DA PUBLICACIÓN DO LIBRO DE ROSALÍA, A REAL ACADEMIA GALEGA DICIDIU MARCAR NO CALENDARIO UN DÍA PARA FESTEXAR AS NOSAS LETRAS GALEGAS, POR ISO CADA 17 DE MAIO CELEBRAMOS QUE TEMOS UNHA LINGUA E UNHA LITERATURA PROPIA, O GALEGO.

 

 

 RICARDO CARVAHLO CALERO

 

 

RICARDO CARVAHLO CALERO É O AUTOR AO QUE A REAL ACADEMIA GALEGA ADICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO. NACEU O 30 DE OUTUBRO DE 1910 NA CIDADE DE FERROL. O SEU PAI ERA UN PEQUENO EMPRESARIO LOCAL E A SÚA NAI ATENDÍA A CASA E ENCARGÁBASE DO COIDADO DOS SEIS FILLOS.

 

ENCANTÁBANLLE OS CONTOS E CALQUERA MOMENTO ERA BO PARA ESCOITALOS.

 

 

 

DENDE MOI PEQUENO, RICARDO E OS SEUS IRMÁNS LÍAN LIBROS EN GALEGO E DESTE XEITO APRENDÍAN MOITAS COUSAS E XOGABAN A SER OS PERSONAXES DESES CONTOS.

 

 

E ASÍ FOI MEDRANDO NO SEU BARRIO E COMO ERA MOI BO ESTUDANTE CHEGOU Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO ONDE FIXO DÚAS CARREIRAS: DEREITO E FILOSOFÍA E LETRAS.  AO LOGO DE TODA A SÚA VIDA SEMPRE ESCRIBIU POESÍA, TEATRO E SEMPRE ESTIVO COLABORANDO PARA A DEFENSA DA LINGUA E A CULTURA GALEGA. EN 1927 INGRESA NO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS PARA INVESTIGAR E DIFUNDIR O PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA.

  

 

FOI PROFESOR NO COLEXIO FINGOI DE LUGO.

 

MAIS TARDE MARCHOU A VIVIR A SANTIAGO, ALÍ ESTIVO DE PROFESOR NO INSTITUTO QUE LEVABA O NOME DA SÚA ESCRITORA FAVORITA, ROSALÍA DE CASTRO, E TAMÉN DABA CLASES NA UNIVERSIDADE.

 

ESCRIBIU MOITÍSIMOS LIBROS E CHEGOU A SER O PRIMEIRO CATEDRÁTICO UNIVERSITARIO DE LINGÜÍSTICA E LITERATURA GALEGA DA HISTORIA.

 

 

XUBILADO COMO PROFESOR, OS ÚLTIMOS ANOS DA SÚA VIDA DEDICOUNOS A DAR CONFERENCIAS, PUBLICAR ARTIGOS E SEGUIR CO SEU TRABALLO LITERARIO.

O 25 DE MARZO DE 1990 FALECEU EN SANTIAGO.

 

 

 

ANACOS DE OBRAS DE CARVAHLO CALERO

 

 

As pitas baixo a chuvia

 

Moito quería eu os animais. No curro pasaba unha gran parte do meu tempo ollando para as galiñas. Víaas escaravellar na terra en procura de vermes e miñocas. Botáballes o millo. Recollía os ovos que anunciaban co seu alporizado cacarexar. Cada ave tiña un nome posto por min, e eran tan estreitas as relacións entre min e eles que nos comunicabamos co pensamento. Tanto amor sentía o neno Ricardo por aquelas aves que un día que comezou a chover saíu veloz a socorrelas: Como ía deixar que a auga podrecese os ósos dos pobres animais? Quizais os catarros, as pulmonías, o reuma non existían para as galiñas? O meu pai dicía que as súas plumas eran impermeables, mais isto non o podía crer eu.

 

 

Cantigas de berce

 

Durme, meniño, no teu berce ;durme, que os montes están cheos de neve. Durme, meniño, no teu barrelo; durme, que os montes están cheos de medo. Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera ti choutarás polas floridas veigas.

 

 

Os tumbos 

 

A casa tiña unha horta na que eu pasaba o día escoitando o merlo que asubiaba na cerdeira, espreitando os niños das formigas e das avespas, collendo saltóns e arrenréns ou enxergando os xeitos dos coellos e das galiñas. Dende había anos, alí pasabamos o verán. Pola azotea daba eu voltas no meu triciclo. E así esvaraba a miña vida de cazador de grilos e miñocas.

 

 

 CARVAHLO CALERO PARA OS MAIORES DA CASA

 

 

(PREME NA IMAXE PARA ACCEDER)

Distribuir contido