O pasado venres conmemoramos o día de Rosalía de Castro. Todos os nen@s da escola fixeron cadansúa rosa para elaborar o mural principal. A continuación, xa nas aulas, realizáronse actividades para coñecer á nosa máis coñecida escritora.
Os venres pola mañá, as familias acoden ao noso centro a traballar cos alumnos de 6º de E.Infantil en diferentes actividades que as titoras organizan. A afectividade vai íntimamente ligada a un aprendizaxe significativa, polo que esta experiencia resulta tan productiva como gratificante para os nen@s. Moitísimas gracias ás familias por participar nesta iniciativa.
Os alumn@os de 4º e 5º de E.Infantil reciben ás súas familias para escoitar un conto, unha lenda,unha historia de tradición oral...Moitas grazas ás familias por participar nesta iniciativa.
Onte,30 de xaneiro conmemoramos o día da paz e da non violencia na escola. Para esta actividade, que fixemos conxuntamente co Ceip. Antonio Insua Bermúdez e o Ceip. Manuel Mato Vizoso;os nenos trouxeron un anaco de tea branca sobre a que pegaron unha pomba.Posteriormente, anudamos estos anacos e saímos ao patio a colgalos ao redor do noso centro.
Como proxecto do primeiro trismestre os nen@s de 5º e 6º de E.Infantil traballaron a vida e obra de Pablo Picasso, realizando tamén eles varias obras de arte que foron expostas no Auditorio Municipal.Quedou precioso!