O xoves estivemos de festa no cole, celebramos O MAGOSTO. A primeira hora tivemos uns xogos organizados por grupos e despois puidemos degustar unhas riquísimas castañas feitas por un castañeiro especial que nos veu dende a Praza Maior de Lugo.
O 30 de outubro no cole tivemos unha pequena festa para celebrar o día do samaín, primeiro fixemos uns talleres de maquillaxe, para deixar ben guapos a todos neno, nenas, mestres e mestre. Despois da merenda dende o equipo de biblioteca prepararon o conto de "GUAPA" cuns títeres, e por últimos todos bailamos cancións típicas destas datas.
No patio da EEI de Vilalba xa está todo preparado para o Samaín, unha vez máis gracias ás familias por colaborar con estas casas tan terroríficas.....os nenos e nenas tamén estiveron traballando para decorar o cole!!
Hoxe a EEI de Vilalba cconmemorou o O DÍA DAS BIBLIOTECAS, todos os neno/as levaron un marcapáxinas de agasallo, e ademais as MOCHILAS VIAXEIRAS, comezaron a súa viaxe.
E como xa pasaron tres semanas desde que empezou o cole, xa podemos completar o noso mural, aí vai unha pequena mostra dos primeiros días dos nenos e nenas no cole!
O venres 20 e co motivo de conmemorar a semana das enfermidade mitocondriais, e así darlle visibilidade a estas enfermidades minoritarias, o alumnado e profesorada da escola, fixemos unha pequena andaina polo pobo.