Recollemos neste vídeo un pequeno resumo da nosa festa de SAMAÍN: maquillaxes monstrosas, merendas terroríficas, contacontos "A estraña visita" e moito baile e cancións en inglés.
O alumnado e profesorado da escola, fixemos onte unha andaina polo entorno do cole para conmemorar a semana das enfermidades mitocondriais e darlle visibilidade a dita enfermidade minoritaria.
Aquí tedes unha nova edición da revista"A CARRILANA DAS NOVAS". Nela, atoparedes un resumo dos proxectos, obradoiros, saídas e demais actividades realizadas neste curso 22-23.
O concello de Vilalba acaba de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para adquisición de material escolar dirixida a Educación Infantil (3-6 anos), para o curso 2022/2024:
Axudas de entre 75 e 100 euros, dependendo da renda da familia.
Prazo de presentación de solicitudes e documentación : do 6 ao 19 de xullo de 2023.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vilalba.