SABEMOS DA IMPORTANCIA QUE TEN FACER EXERCICIO A DIARIO PERO TAMÉN DA NECESIDADE DE MOVEMENTO QUE TEN A CATIVADA, POR ISO SEGUIMOS POÑENDO SUXERENCIAS PARA FACER NA CASA EXERCICIOS SINXELOS E DIVERTIDOS. PODEDES MANDARNOS FOTOS DESTA ACTIVIDADE DE PSICO ASÍ COMO DOUTRAS AO CORREO DA PROFE GEMA: pequesdepanxon@gmail.com QUE GAÑAS DE VERVOS!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS LOGO A PROPOSTA DE HOXE:
QUENTAMENTO coa cantiga “Saludar las manos”. Hai que colocarse por parellas e ir saudando as partes do corpo que se nomean na cantiga. Deixade que vos guíen os peques que o saben facer moi ben!!
XOGO “Recollendo tesouros”.
Materiais: cinta adhesiva de cor, tesouros para recoller (algúns xoguetes ou bonecos…) e unha cesta. No chan da sala por exemplo, facemos coa cinta adehesiva unha especie de árbore que será o cirucuito a seguir. En cada rama ponse un tesouro. As posibilidades do xogo son infinitas… Hai que facer equilibrio por cada rama mentres se van apañando os tesouros e poñéndoos na cesta que leva na man. Non nos podemos caer das ramas. Polas ramas haberá que ir camiñando de diversas formas: saltando cos pés xuntos, á pata coxa, coas pernas separadas sen pisar a liña, etc.
XOGO “Lanzamento de peluches”.
En parellas, un fronte a outro e de pé sobre un coxín. Coas tapas dunhas caixas de cartón debemos lanzarnos os peeluches. A idea é manter o equilibrio e lograr que o peluche caia dentro da caixa d outro. Unha sinxela idea para traballar o equilibrio e o control do corpo.
RELAXACIÓN: deitados no chan cos ollos pechados imaxinamos e imos ranando en voz alta un paseo pola praia, escoitamos o sonido das ondas, notamos a calorciña do sol na pel, o tacto da area nos pés, respiramos o aire que nos sabe a sal, etc.
AXIÑA ESTE PASEO SE FARÁ REALIDADE, ÁNIMO FAMILIAS, A SEGUIR DESFRUTANDO XUNTOS!!