Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

CORONAVIRUS. TEMPO EN FAMILIA

A PROFE KIARA ENVIOUNOS A CANCIÓN: "IF YOU ARE HAPPY"

English 19

English tales songs and games     19

 

Children, Do you remember this song?

If you are happy.......Bye!!!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: MÉRCORES 13 DE MAIO

BO DÍA!!!

SEGUIMOS CONMEMORANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. PARA HOXE PROPOÑEMOS UNHA SERIE DE XOGOS ONLINE DO SEMINARIO GALÁN:

 

  • PARA @S NEN@S DE 4º DE E.I (3 ANOS) - PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER AOS XOGOS.

 

  • PARA @S NEN@S DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL - PINCHADE NA IMAXE.

 

  • E PARA 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL: O MESMO, PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER AOS XOGOS

 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: MARTES 12 DE MAIO

¡BOS DÍAS!

¿GUSTOUVOS A ACTIVIDADE DE ONTE?

¿LEMBRADES O CONTO DE "AS PITAS BAIXO A CHUVIA"?

AS SÚAS PROTAGONISTAS SON UNS ANIMAIS CHAMADOS..... ¿QUEN O SABE? SI, A RESPOSTA É PITAS.

POIS, BEN.... RESULTA QUE A RICARDO CARBALLO CALERO LLE GUSTABAN MOITO, MOITO OS ANIMAIS.... POR ISO APARECEN NESTE CONTO.

E VÓS? TEDES ALGÚN ANIMAL PREFERIDO, ALGÚN ANIMAL QUE VOS GUSTE MOITO,OU ALGUNHA MASCOTA?

PENSADE NISO, PORQUE A PROPOSTA DE HOXÉ É ELABORAR UN CARNÉ SOBRE O VOSO ANIMAL (O QUE ELIXADES). 

NO PDF QUE ADXUNTO PODEDES VER UN EXEMPLO DO CARNÉ. 

CANDO O TEÑADES PODEDES ENVIALO A:

auladecincodunas@gmail.com

English 18

English games, songs and tales    18

 

Helloooo,,,Children!!! We have just vegetables for eating in our GARDEN. For that today...a VEGETABLE SONG will be the..BOOM!!!

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: LUNS 11 DE MAIO

OLA FAMILIAS!

COMO O 17 DE MAIO É O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, IMOS ADICAR ESTA SEMANA A CONMEMORAR AO ESCRITOR CORUÑÉS HOMENAXEADO, QUE FOI MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA:

RICARDO CARBALLO CALERO

( 1910 - 1990)

DISFRUTADE DE ESTE SIMPÁTICO CONTO, ESCRITO POR EL, PINCHANDO NA IMAXE DA PORTADA DO CONTO, E PINCHADE NO ARQUIVO ADXUNTO PARA ESCOITAR A CANCIÓN:

" AS PITAS BAIXO A CHOIVA "

 

XA TEMOS LEITUGAS NA HORTA LISTAS PARA RECOLLER!!!!!

OLA CATIVADA!! OLA FAMILIAS!!

MIRADE COMO MEDRARON AS LEITUGUIÑAS QUE PLANTASTES!!! BRAVO!!! ALGUNHAS XA ESTAN LISTAS PARA COMER  E FACER UNHA RICA ENSALADA!!!

ASÍ QUE ATENTOS: AS PRIMEIRAS FAMILIAS QUE ENVÍEN UN CORREO ELECTRÓNICO A: pequesdepanxon@gmail.com PODERÁN VIR Á ESCOLA E RECOLLER UNHA!!!! O PROCEDEMENTO É O SEGUINTE:

  • Enviar un correo electrónico dicindo que sodes a familia do alumn@... e que queredes recoller unha leituga.
  • Se hai máis correos que leitugas, non vos preocupedes, seres os primeiros en optar a recoller o seguinte produto que nos ofreza a horta (guisantes, repolos, etc)
  • Vir á escola cun útil para cortala vós mesmos da horta e con bolsa para levala*.
  • O horario de recollida será dende o luns 11 ata o mércores 13 de 10:00 a 11:00. No correo que enviedes debes indicar que día e a que hora vos iría ben. Contestarémosvos confirmando a cita.
  • Agradecemos enormemente que nos enviedes de volta unha foto coa rica ensalada que preparedes!!!

*Esta medida é para tentar respectar o máximo posible as recomendacións sanitarias que nos dita a Xunta de Galicia nos procedementos de atención ao público. Ademais procurarase que non haxa acercamento entre as persoas, respectarase a distancia de 2 metros e o tempo de estancia será o mínimo. Lamentamos que sexa así e que non poidamos darnos unha aperta como nos encantaría, pero é polo ben de todos. Explicade por favor á cativada estas medidas para que entendan que a mestra que vos vai recibir non se vai achegar a darlle esa aperta e eses bicos que nos dariamos se non fose por estas necesarias restricións. Agardamos poder achucharnos axiña!!!!

BULIDE!!! AGARDAMOS OS VOSOS CORREOS!!!!

 

 

ENQUISAS PARA VALORAR BIBLIODUNAS

AGRADECEMOS QUE  CUMPLIMENTEDES ESTAS ENQUISAS SOBRE A OPINIÓN QUE TEDES SOBRE BIBLIODUNAS. É TOTALMENTE ANÓNIMA E A NÓS AXUDARANOS A MELLORAR! 

GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN!

PINCHA NA PRIMEIRA ENQUISA SE ERES UNHA FAMILIA:

ENQUISA BIBLIOTECA FAMILIAS

 

PINCHA NESTA ENQUISA SE ERES MESTRE DA ESCOLA:

 

ENQUISA BIBLIOTECA PROFESORADO

English 17

English games, songs and tales   17

 

Hiiii.... children!!! Today a little tale with ANIMALS and.... HORRAY !!! 

PSICOMOTRICIDADE NA CASA

OLA A TODAS E TODOS!

QUE TAL SE FACEMOS HOXE ESTE XOGO PARA TRABALLAR A VELOCIDADE DE REACCIÓN?

PROBÁDEO!!!

RECORDADE QUE PODEDES ENVIAR FOTOS E VÍDEOS DAS ACTIVIDADES AO MEU CORREO ELECTRÓNICO (pequesdepanxon@gmail.com)

 PREME NA IMAXE PARA VISUALIZAR O VÍDEO

Distribuir contido


by Dr. Radut