CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
OLA A TODOS!
QUE TAL ESTADES? DESEXAMOS QUE ESTEDES MOI BEN E QUE PRONTO POIDAMOS ESTAR XUNTIÑOS DISFRUTANDO DOS CONTOS EN BIBLIODUNAS!
DENDE A BIBLIOTECA QUEREMOS FACERVOS UNHA PROPOSTA:
O DÍA 2 DE ABRIL SERÁ O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
POLO QUE VOS PEDIMOS...
QUE NOS ENVIEDES UN PEQUENO VIDEO ENSINÁNDONOS E/ OU FALÁNDONOS DO VOSO LIBRO INFANTIL PREFERIDO. PODEDES CONTAR O QUE VOS APETEZA DO CONTO: POR QUE VOS GUSTA, COMO O DESCUBRÍSTEDES, QUEN O ESCRIBIU, QUE É O MELLOR DO CONTO...
UNHA VEZ QUE NOS CHEGUEN OS VIDEOS COLGARÉMOLO NA PÁXINA WEB DA ESCOLA. ESTE É O ENDEREZO PARA ENVIALOS:
colmenerofeijooyolanda@gmail.com
NO VIDEO PODEN PARTICIPAR NENOS, PAPIS, MAMIS, IRMÁNS, MESTRES...
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!