Responder ó comentario
PREDEPORTE NA CASA
OLA DE NOVO! LARA, A PROFE DE PREDEPORTE DA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR NO CPI, PROPONNOS PARA HOXE TRABALLAR A LATERALIDADE E A PERCEPCIÓN ESPAZO TEMPORAL DOS CAMPOS, TAN IMPORTANTES PARA A APRENDIZAXE DA LECTURA E DA ESCRITURA.
A tarefa é sinxela: A rapazada fará de robots e soldados e temos que darlles pautas de como moverse. Por exemplo: Tres pasos para adiante, xiro á esquerda, camiño de lado e agora xiro á dereita. Media volta e camiño cara atrás, dous pasos cara a esquerda... O que se nos vaia ocorrendo.
Lembrade que hai que quentar primeiro con música e ao finalizar non hai que esquecer estirar!
A practicar!!!