Estimadas familias, xa estamos de volta!
No adxunto tedes a distribución do grupo-clase que lle corresponde os seus fillos así como as titoras, datas de período de adaptación e quendas de entrada.
MESTRAS E ENTRADAS
Grupo A mestra Susana Santos. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).
Grupo B mestra Ester Ojea. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).
Grupo C mestra Iria Boga. Entrada pola porta do paseo, entrada principal (mural tren).
*O servizo de comedor comezará a partir do día luns 18 (incluído).
*O plan madruga comezará a partir do día luns 18 (incluído) xa que comezamos coa xornada completa.
*A listaxe do material será proporcionada no sobre coa documentación de principio de curso que se entregará o primeiro día.
*As familias deberán descargar no seu teléfono móvil a aplicación Abalar da Xunta para a información e comunicación escola-familia (poderán dispoñer dela pai e nai ou titor legal).
Ao remate desta entrada, en cor laranxa, están os pdf (clicar en "3 adxuntos") con toda a información.
Un saúdo.
O equipo Docente.