Skip to Content

GRUPOS 3 ANOS E PERIODO DE ADAPTACIÓN CURSO 2022/2023

Estimadas familias, no adxunto tedes a distribución do grupo-clase que lle corresponde os seus fillos así como as titoras, datas de período de adaptación e quendas de entrada.

 

MESTRAS E ENTRADAS

Grupo A mestra Marta Muñiz. Entrada pola porta principal (mural tren).

Grupo B mestra María Martín Esperanza. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).

Grupo C mestra Begoña Rodríguez. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).

 

*O servizo de comedor comezará a partir do día 12 (incluído).

*O plan madruga comezará a partir do día 16 (incluído) xa que comezamos coa xornada completa.

*A listaxe do material será proporcionada no sobre coa documentación de principio de curso que se entregará o primeiro día.

*As familias deberán descargar no seu teléfono móvil a aplicación Abalar para a información e comunicación escola-familia (poderán dispoñer dela pai e nai ou titor legal).

 

Un saúdo

O equipo Docente

 

LIBROS DE TEXTO 22-23

Libros de texto curso 22-23

 

En adxunto, teñen o listado de libros.

PROCESO DE MATRICULA

 

           

 

Formalización da matricula do 20 ao 30 de xuño de maneira presencial  de 13,00h a 14,00h. Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, daráselle por decaído no dereito á praza obtida. Documentos a presentar:

 

 

Ø  Modelo de solicitude oficial debidamente cuberta e asinada (Anexo III-1)

 

Ø  Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou seguro médico.

 

Ø  Ficha de titoría (facilitada pola Escola) debidamente cuberta.

 

Ø  4 fotografías tamaño carnet co nome do alumno/a.

 HORARIO DE SECRETARÍA: TODOS OS DÍAS DE 13,00H A 13,55 H.

 

UN MEMBRO  DAS FAMILIAS  ADMITIDAS EN 4º DE EI, QUEDAN  CONVOCADOS O 28 DE XUÑO A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA, ÁS 19 HORAS.

 

DEBEN ASISITIR SEN OS SEUS FILLOS.

 

ADMISIÓN 22-23

 

PODEN CONSULTAR A LISTA DE ADMITIDOS NO TABOLEIRO INTERIOR

DA ESCOLA OU NO PROGRAMA DE ADMISIÓN CÓ CÓDIGO DE SOLICITUDE.

 

RECORDEN QUE A MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut