Skip to Content

RESERVA DE PRAZO NO CEP CAMPOLONGO

 Do  15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2023, ambos incluídos, está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) reserve praza no CEP Campolongo ao que estamos adscritos.

As familias do alumnado de 6º de Educación Infantil que desexe cursar 1º de Primaria no CEP Campolongo, deberán presentar a solicitude en papel,  cuberta  na secretaría do noso centro. Enviarase o luns 16 na mochila do alumnado o Anexo I aquí engadido.

No caso de que un alumno/a con reserva no CEP Campolongo decida presentar solicitude de admisión noutro Centro, deberá renunciar por escrito á praza que ten reservada antes do 1 de marzo.

O calendario do procedemento de admisión de matrícula, é o seguinte (disposición adicional primera da Orden 21 de octubre de 2022 pola que de desenvolve o Decreto 13/2022):

1. Prazo de presentación de solicitude de reserva: do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro. Unicamente presentarase o documento facilitado. Preferentemente asinado por ambos os proxenitores.  

 2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.

3. Publicación de postos escolares vacantes: antes de 1 de marzo. 

4.Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo. Ten que vir asinada por ambos os proxenitores. 

5. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.

6. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

7. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.

 

8. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

Un saúdo, o equipo docente.

*Para visualizar o pdf pinchar en "Adxunto" na parte inferior desta entrada.

 

 

 

 

UNHA VISITA MOI ARTÍSTICA

O pasado mércores, o noso alumnado de 6º de educación infantil recibíu unha visita moi artística. Visitaron as nosas aulas Chas e Gero; dous grandes artistas adicados á fotografía e as producións cinematográficas.

CHAS estudou Belas Artes e especializouse en fotografía. A súa gran paixón pola foto, levouno  a especializarse en  fotografía de arquitectura e interiorismo. Actualmente está a levar a cabo un proxecto moi interesante sobre "FOTOGRAFÍA DA MEMORIA INDUSTRIAL GALEGA", pero ven podía adicarse á docencia... porque mantivo cautivados aos nosos peques todo o tempo.

GERO Estudou audiovisuais e fixo un master de guión na Escola de Cine de Madrid. No 2008 fundou PRODUCCIÓNS MUTANTES xunto con Romina e dende entón adícase a traballar en cine, publicidade e está especializado en  dirección e edición de videoclips musicais. TODO UN ARTISTA! e estamos seguras de que aínda teremos moitas máis colaboracións conxuntas.

Estes dous artistas cautivaron aos cativos e cativas coas súas cámaras analóxicas. Puidemos ver como son por dentro, como funcionan, as súas partes, como se pon un carrete... 

e tamén amosaron o que era unha diapositiva, unha foto en branco e negro feita cunha caixa de zapatos... TODO FORON SORPRESAS!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN RAPACES. SEMPRE É UN PRACER CONTAR CON VOS.

   

ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR. RENOVACIÓN PARCIAL O 28 DE OUTUBRO DE 2022

Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, procederemos no mes de novembro á renovación parcial.

Segundo esta Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos. Anunciaremos os resultados na páxina web do centro.

Realizaremos a elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o vindeiro venres 28 de outubro de 11,25h ás 11,55h.

NOVAS PARA O ALUMNADO DE 5º E 6 º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 E 5 ANOS).

 

  • Por acordo en  claustro traerase da casa unha botella de auga reutilizable na mochila, non tendo que traer vaso.  Mostrámosvos dúas botellas a modo de exemplo.

 

                                         

  • Lembramos que no menú diario pódese incorporar froita, intentar na medida do posible seguir o calendario de merendas.

 

 

  • A información relativa ao material darase a comezo de curso.

 

  • Lembramos que o alumnado que teña irmáns no centro terán que desinstalar e volver instalar a aplicación Abalar.

NOVAS ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2022-23

Estimadas familias:

-    O horario de entrada será de 9,00 h a 9,05 h.

-  O alumnado que chegue fora desde horario accederán a Escola pola porta principal.

Para evitar aglomeracións temos diferentes entradas e saídas a Escola dependendo do grupo de alumnado.

  • Alumnado de 3 anos da mestra Marta Muñiz (Grupo 4ºA) . Entrada pola porta principal (mural tren). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.

 

  • Alumnado de 3 anos da mestra María Martín Esperanza (Grupo 4ºB). Entrada pola porta do Paseo de Valle Inclán (non entrada principal, cancela pequena). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.

 

  • Alumnado de 3 anos da mestra Begoña Rodríguez (Grupo 4ºC). Entrada pola porta do Paseo de Valle Inclán (non entrada principal, cancela pequena). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.

 

  • Alumnado de 4 anos da mestra Ana Amoeiro (Grupo 5ºA) entrada pola porta pequena de Campologo situada ao carón do carballo (non entrada principal, cancela pequena). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.

 

  • Alumnado de 4 anos da mestra Maipi (Grupo 5ºB) entrada pola porta pequena de Campologo situada ao carón do carballo (non entrada principal, cancela pequena). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.

 

  • Alumnado de 4 anos da mestra Chus (Grupo 5ºC). Entrada pola porta principal (mural tren). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.

 

  • Alumnado de 5 anos das mestra Ester, María González y Susana (Grupos 6ºA, 6ºB e 6ºC). Accederán pola entrada das pistas do CEP Campolongo.  Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.

 

*TEREMOS CARTEIS IDENTIFICATIVOS NAS ENTRADAS ESPECIFICANDO O GRUPO PARA FACILITAR O ACCESO.*

Agradecemos a súa colaboración. 

Un saúdo.

HORARIO CURSO 2022-23

AS CLASES DARÁN COMEZO O XOVES 8 DE SETEMBRO

 

  • O horario será de 9 a 14 horas dende o primeiro día  (xoves 8) e para todo o curso, agás para o alumnado de 4º E.I. (3 anos) que no mes de setembro terá un horario diferente (xa publicado).

 

  • Os martes temos horarios de titoría de 18:30 a 19:30 horas.

 

GRUPOS 3 ANOS E PERIODO DE ADAPTACIÓN CURSO 2022/2023

Estimadas familias, no adxunto tedes a distribución do grupo-clase que lle corresponde os seus fillos así como as titoras, datas de período de adaptación e quendas de entrada.

 

MESTRAS E ENTRADAS

Grupo A mestra Marta Muñiz. Entrada pola porta principal (mural tren).

Grupo B mestra María Martín Esperanza. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).

Grupo C mestra Begoña Rodríguez. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).

 

*O servizo de comedor comezará a partir do día 12 (incluído).

*O plan madruga comezará a partir do día 16 (incluído) xa que comezamos coa xornada completa.

*A listaxe do material será proporcionada no sobre coa documentación de principio de curso que se entregará o primeiro día.

*As familias deberán descargar no seu teléfono móvil a aplicación Abalar para a información e comunicación escola-familia (poderán dispoñer dela pai e nai ou titor legal).

 

Un saúdo

O equipo Docente

 

Distribuir contido


by Dr. Radut