De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, ven de constituírse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobarse o Plan Estratéxico de Convivencia Escolar 2015-2020. No marco deste Plan, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, no que se prevé a elaboración dun instrumento de diagnose inicial que permita identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución deconflitos. Neste empeño a primeira acción prioritaria planificada é a elaboración de documentos de recollida de datos dos distintos sectores da comunidade educativa (dirección, profesorado, alumnado, familias e persoal non docente), e a validación dos mesmos mediante unha proba piloto nunha mostra representativa do conxunto de centros da comunidade. Esta proba foi xa realizada e o proceso depurado polo que procede agora unha segunda fase consistente na recollida de datos censal dos distintos centros e sectores de Galicia. A masiva recollida de datos ten por obxecto facilitar a elaboración dos plans de convivencia dos centros xa que cada un recibirá os seus datos debidamente procesados, facilitando a labor de diagnóstico de base. Tamén está encamiñado a establecer o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora do mesmo.
A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Para garantir este aspecto despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos.
Acceso á enquisa profesorado:
https://www.edu.xunta.es/convdoce
Acceso á enquisa familias:
https://www.edu.xunta.es/convfamil