Información

NADAL 2009

A cantiga de Amadora de Galego

Vai-te logo meu ninín/niniña,
marcha agora pra camiña.
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.

Xa chegou o día grande,
E virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Cantiga de Amadora de Galego, labrega de 79 anos en Romeor do Courel
(Recollida en 1994 por José André Lôpez Gonçâlez)

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

está na túa man ... ti decides

Frenar el cambio climáticos, 244 colexios galegos unidos en VOZ NATURA

Nos tempos de Maricastaña

ANTROIDO NO CRA DE TEO

VENRES 1 DE FEBREIRO

HOXE É DÍA DE FEIRA, IMOS ALÓ...

PAVILLÓN DE CALO

Estamos no ano 2008 ? , Noooooooooooo, é máis ben a mediados do século pasado, semella que andamos polos anos 50..., cando as fotos eran todas en branco e negro, e as persoas viaxaban en besta, en carro, ás veces en ómnibus, e ás máis a pé.

Chegou o DÍA DE FEIRA ao CRA DE TEO, imos aló para vender o que producimos e marcar o que nos falta.

En Tempos de María Castaña

Venres 1 de Febreiro 2008

Entroido 2008 - Pavillón de Calo.

" EN TEMPOS DE MARÍA CASTAÑA"

Animación para os Centros Educativos do Cra de Teo

Realizarase unha batería de xogos para os centros de infantil e primaria , con motivo da celebración do Entroido.

  1. Xogos de presentación.
  2. Xogos populares:
    1.  
      1. Aros
      2. Birlos Celtas
      3. Chave
      4. Petanca
      5. Ra
      6. Sacos
      7. Zancos
  3. Xogos Bailados:
    1.  
      1. O Gharoutinho
      2. O Mazarico
      3. A Xiranda
  4. Outros grandes xogos:
    1.  
      1. Brilé
      2. Corda
      3. Goma
      4. Mariola
      5. Pano

 A sesión de xogos de animación desenvolveranse durante a mañá do venres 1 de Febreiro de 2008, cunha duración aproximada de dúas horas e media.

 

 

 

CONTACONTOS

 CRA DE TEO  CONTACONTOS KALANDRAKA
 15 XANEIRO  CENTRO CULTURAL ROSALIA DE CASTRO
Distribuir contido