Complementarias

NADAL 2009

A cantiga de Amadora de Galego

Vai-te logo meu ninín/niniña,
marcha agora pra camiña.
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.

Xa chegou o día grande,
E virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Cantiga de Amadora de Galego, labrega de 79 anos en Romeor do Courel
(Recollida en 1994 por José André Lôpez Gonçâlez)

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

CRA DE TEO - VALORA MEDIO RURAL - NOTICIAS

"FACUNDO" , icona do Bantegal. BanTeGal

Medio Rural vai poñer en marcha unha campaña de divulgación sobre o Banco de Terras de Galicia, co fin de evitar que os propietarios de terreos abandonados sexan sancionados por negarse a ceder as súas leiras.

O boneco FACUNDO , que representa un agricultor xubilado percorrerá o país, a bordo dun bus.

MAGOSTO- 7 DE NOVEMBRO - STA MARIA DE TEO

Encontro Interescolar das 14 escolas do Cra de Teo.  

Froito de Outono 

As castañas poden asarse no lume directamente, ou tamén meténdoas dentro dun cilindro metálico con furados e que poida xirar sobre o lume.

Polo San Martiño

faise o magosto

con castañas asadas

e viño ou mosto

 

MAGOSTO

Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de SAMAIN E MAGOSTO


  

 

BICOS DE VENTO

GRACIAS UXIA

POPODES COMPARTIR CON NOS OS TEUS POEMAS

Distribuir contido