Música
CARREIRA DAS FIGURAS MUSICAIS
Quen se lembra da nosa carreira favorita? Practicádea moito que sei que vos encanta!
INSTRUMENTOS MUSICAIS
Como estades de memoria?
Para exercitala e repasar os instrumentos musicais propóñovos este xogo.
Ánimo!
https://aprendomusica.com/const2/18memoryInstrumentosBasico/memoryInstrumentosBasico.html
XOGANDO COAS NOTAS
Bos días a todos! Agardo que esteades todos moi ben!!!
Para os que queiran practicar a linguaxe musical dunha forma divertida, vos envío un xogo das notas musicais. Lembrade que a nota SOL se escribe na segunda liña, polo que LA e SI estarán por enriba e FA, MI, RE,DO por debaixo.
Canto máis xoguedes máis doado será
MÚSICA
Dende a área de Educación musical queremos propoñer distintas actividades para que os nenos e nenas disfruten coa música nestes días de premanencia en casa.
- Debuxar as emocións que lles suxiren diferentes tipos de música. (Podedes reproducir os distintos movementos da obra "El Carnaval de los animales" de Camille Saint Saëns).
- Aproveitando esta mesma obra os nenos/as poderán representar aos distintos animais que aparecen en ela, como leóns, tartarugas, elefantes...
- Construir instrumentos musicais con materiais de refugallo.
- Poden aproveitar estes instrumentos, ou simplemente con palmas para seguir o ritmo nos vídeos de You Tube "Pequeño Mozart ritmo" ou "lectura rítmica Mario Bros" para traballar a linguaxe musical.
- Xogar ás estatuas musicais, onde bailan cando soa a música e permanecen sin moverse cando ésta para.
- Inventar coreografías ou seguir as que se propoñen nos vídeos de "Just Dance".
- Facer un karaoke.
- Xogar a frío/quente escondendo un obxecto pola casa e, cun elemento sonoro, reproduciredes sons lentos cando estean lonxe e rápidos cando se vaian acercando.
Polo tanto, poden escoitar música de todo tipo, cantar todos xuntos, tocar instrumentos improvisados e escoller un lugar da casa para poder bailar.
Moita tranquilidade para todos e vémonos pronto!