Entroido e "HappyArt" con Pato Gil
As aulas de Esfarrapadas de 4anos B e 4 anos C, coñecemos e traballamos a artista latina, Pato Gil Villalobos.
Esta artista caracterízase polo seu “HappyArt”. Ela mesma defínese como unha COMUNIC+ARTIST, cuxa misión de vida é comunicar a través da súa arte as mensaxes de: amor, luz, unidade e gratitude.
Dende que a coñecemos e nos puxemos en contacto con ela, de xeito persoal, mantivemos unha comunicación constante a través de correos electrónicos, fotografías especialmente enviadas para as nosa aulas; mensaxes de audio e incluso unha vídeo chamada dende Punta del Este (Uruguai).
Este contacto fixo que o noso alumnado tivese unha motivación extra,que estivo unida á emoción e a ilusión que lles casou poder falar ca artista en persoa.
A súa arte e filosofía de vidaen seguida nos contaxiou unha gran ledicia e espírito creativo; ademais da importancia do amor por un mesmo, para estar en harmonía cos demais.
Para dar unidade ao proxecto e, vendo a motivación coa que o noso alumnado acolleu a Pato Gil,decidimos disfrazarnosno desfile de Entroido cunha representación artística da súa obra. Para a confección e decoración do disfrace, contamos coa especial axuda de pais e nais do noso alumnado, os cales afrontaron esta tarefa con moita ilusión.
- %count lecturas