Xincana Jane Goodall
Como punto final ao proxecto traballado cos nenos e nenas nas aulas de 4 anos B e 4 anos C, levamos a cabo conxuntamente unha xincana; a estes dous grupos uniuse o grupo de 5 anos B cuxa actividade serviulles de motivación para comezar o mesmo proxecto.
O obxectivo principal desta actividade foi que os nenos e nenas descubriran, a través desta actividade motivadora, os diferentes elementos que caracterizan a Jane Goodall e poder descubrir que ela era a personaxe que se escondía detrás de todas as pistas.
A misión principal foi descubrir e analizar a través de pistas que se deixaron previamente en distintas dependencias do centro diferentes elementos de Jane.
A actividade resultou moi interesante xa que os cativos cativas estiveron moi motivados e conviviron nenos e nenas de diferentes idades compartindo aprendizaxes.
As pistas iniciais deixáronse nas diferentes aulas sendo como fío conductor a temática de Jane e os chimpancés:
A primeira pista levounos ata o ximnasio onde descubrimos que unha das cousas que máis lle gustan a esta persoa son os animais.
A segunda pista levounos ata a biblioteca onde descubrimos que empregaba uns prismáticos para poder ver aos chimpancés.
A terceira pista conduciunos ata o patio, onde descubrimos un elemento que caracterizaba á nosa misteriosa personaxe, o seu sombreiro.
E, finalmente, descubrimos que de quen eran todos estes obxectos…de Jane Goodall, polo que fomos emocionados ao patio para descubrir a súa tenda de campaña.
E para concluír, compartimos todos xuntos un anaco no ximnasio en compañía da tenda de campaña de Jane e do noso amigo Óscar.
- %count lecturas