Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Xoane

Imaxe de Jesus

Chegan de Oriente - Xoane

Ensaio na escola de Xoane  para o festival de nadal 2012


2:35 minutes (2.37 MB)
Imaxe de Jesus

Visita de Papá Noel a Xoane

Grazas á colaboración duns pais marabillosos pertencentes á ANPA, que axudarón a que Papa Noel viñera á nosa escola, pois co trineo non era capaz de chegar, puidemos disfrutar da súa presencia, facerlle as nosas peticións en persoa, e con caramelos que nos regalou.

Nos devolvimoslle o favor da súa visita coa panxoliña rock que estabamos ensaiando para o festival de nadal.

 

Moitas grazas Papa Noel por marter a maxia e a ilusión viva nestas datas.

 

 

Imaxe de Jesus
Enviado por Jesus en Dom, 2012-12-30 11:48.
Imaxe de Jesus

Aniversarios Xoane 2012

A finais do primeiro trimestre celebramos en Xoane unha gran festa con tarta, música, globos, etc.. para celebrar o aniversario dos nenos e nenas que cumpren anos no primeiro trimestre. Moitas felicidates a todos e todas.

Imaxe de Jesus

Samaín en Xoane

Chegou o 31 de outubro e en Xoane celebramos o Samaín o tempo en que rematan as colleitas e aninovo celta, na que a noite gaña ao día, e as historias escuras de meigas, diaños e trasnos enchen o nos lar.

Os nenos e nenas de Xoane crearon a súa cabaza e disfrazaronse para espantar os medos.

Foi unha xornada festiva, con moitos xogos, e algún susto que outro.

Aqui podedes ver as nosas fantásticas cabazas.

Imaxe de Jesus

A que lle teñen medo as mamás de Xoane?

Estamos no mes do Samaín, sendo unha boa época para traballar sentimentos coma o medo.

Para achegarnos a este sentimento dende unha forma lúdica facemos as nosas obras de arte mostruoso  - divertidas, e falamos do medo.

Neste caso podedes escoitar a que creen os nenos e nenas de Xoane que lle ten medo a súa mamá.

Con esta actividade conseguimos que pensen en cousas que poden darlle medo á súa mamá, xa que a eles tamén lles da medo.

Esperamos que con estas actividades, tanto a nivel de expresión oral como artística, se acheguen ao sentimento do medo dende un punto de vista máis lúdico e divertido.

Distribuir contido


by Dr. Radut