Na web indicada máis abaixo poderedes atopar unha serie de fichas para abordar a formación en canto a Pizarra Dixital.
http://www.marilo.com/node/79
Neste enlace atoparedes as seguintes fichas en Pdf coa seguinte información:
Ficha 1: Documentación sobre PDI. Ofrece interesantes enlaces para formarse en canto a Pizarra Dixital: que é unha PDI, cales son os seus elementos, PDIs existentes no mercado, localización idónea,...
Ficha 2: Instalación do software. O programa Notebook e enlace para baixalo,...
Ficha 3: Navegación e uso de programas e recursos xa familiares. Ofrece unha serie de enlaces a páxinas web con recursos moi axeitados para traballar coa PDI, organizados nalgún caso segundo a área de coñecemento.
Ficha 4: O encerado virtual: Notebook.
Ficha 5: Descarga e uso de recursos específicos. Aproveitamento de material didáctico doutros coles, institucións etc. Nos enlaces podedes descargar o material das webs que se citan.
Ficha 6: Uso didáctico da imaxe. Enlace para descargar a galería de imaxes de Smart,
Ficha 7: Uso didáctico do son. Enlaces para descargar o Audacity así como bancos de sons para utilizar nos nosos traballos.
Ficha 8: Actividades flash. Genmagic, puzles das cc.aa.,
Ficha 9: Uso didáctico do vídeo. Función de gravación do Notebook.
Ficha 10: Actividades autocorrexibles.
Todas estas fichas foron realizadas por Mariló Fernández Mira para traballar nos cursos que adoita realizar sobre PDI. Se tendes oportunidade de asistir a algúnha das súas ponencias, vos recomendo que o fagades, pois é unha fantástica comunicadora.
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas