Skip to Content

Educación Infantil, Educación Primaria, Equipos de centro, Act. Complementarias, ENDL, TICs, Proxecto Lector

Imaxe de AnaFernandez

ACTIVIDADES DO SALÓN DO LIBRO

No mes de abril, o alumnado e as familias gozaron do Salón do Libro de Pontevedra desde as súas casiñas. 

Realizaron un montón de actividades diferentes, obradoiros, contacontos, concertos, lecturas... como podedes ver no vídeo.

 

 

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: Dona Paca Pataca

 

Para rematar estas dúas semanas cheas de actividades do Salón do Libro hoxe propoñémosvos un obradoiro para realizar bonecos con calcetíns vellos. Pinchade na imaxe e mirade que bonitiños quedan.

         

Se vos apetece podedes visitar a páxina web do Salón do Libro de Pontevedra (www.salondolibro.gal), alí atoparedes as actividades realizadas e un montón de cousas mais. 

 

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: A cantar, contar e bailar! con Cé Orquestra Pantasma

Festa, festa, festa!!

Hoxe estamos moi animadas e animados, temos ganas de festa e de non parar de bailar.

Por iso desde o Salón do Libro de Pontevedra traémosvos este marabilloso e animado concerto de Cé Orquestra Pantasma, seguro que vos fará rir, cantar, contar, bailar e non parar nin un minutiño.

Esperamos que o pasedes xenial!!!

Pinchade na foto e... a bailar!!!

 

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: Xogamos e recliclamos

Bos días!!!

Hoxe o salón do libro proponnos un obradoiro no que aprenderedes a construír un xoguete moi divertido con diferentes materiais reciclados.

Hai moitas cousas que temos por casiña ou que tiramos ao lixo coas que podemos crear grandes xoguetes e pasar un rato divertido. Animádevos a construir e xogar!!

     

 

 

 

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: Libros en movemento

 

Comezamos esta semana cunha actividade do Salón do Libro de Pontevedra que consiste en crear libros en movemento ou tamén chamados Flip-book. 

Mirade atentamente o vídeo pinchando nas fotos e veña, veña a crear o voso libro cheo de movementos. Que ides debuxar?

    

  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut