Estamos no mes do Samaín, sendo unha boa época para traballar sentimentos coma o medo.
Para achegarnos a este sentimento dende unha forma lúdica facemos as nosas obras de arte mostruoso - divertidas, e falamos do medo.
Neste caso podedes escoitar a que creen os nenos e nenas de Xoane que lle ten medo a súa mamá.
Con esta actividade conseguimos que pensen en cousas que poden darlle medo á súa mamá, xa que a eles tamén lles da medo.
Esperamos que con estas actividades, tanto a nivel de expresión oral como artística, se acheguen ao sentimento do medo dende un punto de vista máis lúdico e divertido.
Este curso incorporaronse 9 nenos/as no 1º curso de 2º ciclo de Educación Infantil, ademáis dunha nena nova no 3º curso do 2º ciclo de educación infantil co que seremos 19 nenos/as na aula.
Como podedes ver nas fotos o periodo de adaptación transcurriu de forma positiva maioritariamente, sen case choros.
Ao cabo de 10 minutiños xa todos e todas estaban contentos co mestre novo, coñecendo as novas mestras, escoitando contos, cantando cancións, traballando a psicomotricidade fina coa plasti, relacionandose cos demais de forma moi positiva, aseandose, merendando, xogando no patio, escomezando a aprender as normas da escola, e tratando de ser o máis autonomos posible, para medrar e ser maiores.
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 43 semanas
hai 4 anos 43 semanas
hai 4 anos 43 semanas
hai 4 anos 43 semanas
hai 4 anos 43 semanas
hai 4 anos 43 semanas
hai 4 anos 43 semanas
hai 4 anos 43 semanas
hai 6 anos 21 semanas