Amaneceu unha maña fría, pero sabíamos que o sol nos acompañaría, así que ben cediño nos xuntamos tódolos nenos e nenas de Sísamo e Cances no campo e golf o Golpe e alí nos agardaba un día cheo de novas emocións e aventuras.Misturaronnos a todos e todas, formamos pequenos grupos e a explorar!!!
Fixemos un sendeiro ornitolóxico no que vimos unha chea de pombas, perdices, faisáns, gorrións, pavos reais (un ata andaba solto, paseando a súas anchas), cisnes, patos, ocas e ata lles estivemos dando de comer, gustaballes o pan casi tanto coma a nós.Vimos mais animias como galiñas, coellos, un galo e as tartarugas como andaban a ivernar nos as puidemos ver.
Xogamos o padel, (algúns somos o relevo de Nadal), o fútbol e tamén nos lanzamos dende a Tirolina!!! Foi moi divertido, primeiro puxemos o arnés e o casco e logo a voaaarrrr, que ben o pasamos!! Gustounos tanto que ata repetimos!Tamén fixemos unha senda botánica na que vimos moitas arbores e os seus froitos.
Despois de tanta emocións repuxemos forzas merendando na terraza o sol, uuummmhh que ben se estaba!!O que non sabíamos que ainda faltaba o mellor……o campo de golf e o tiro con arco agradábamos. No golf prácticamos tanto a tirar en campo aberto como no mini-golf e de aquí a Rider Cup hai só un pasiño.
Fixemos unha morea de fotos, as podedes na Galeria.
COMENTARIOS
hai 3 anos 33 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 6 anos 17 semanas