Había unha vez un grupo de nenos que se reunían para xogar xuntos todos o días na escola de Mirón.
Un bo día decidiron plantar unha árbore, e para alimentar as súas raices puxeron todas as cousas que tiñan no seu corazón. Neses corazóns había alegría, amistade, solidaridade, generosidade... que facían que a árbore medrase forte e frondosa.
Descubriron tamén, que a súa arbore daba uns froitos especiais, PAZ, e que todas as pombas do mundo gustaban de pousar nas súas polas para poder espallar a semente polo mundo.
Co paso do tempo tamén comprobaron que cando as veces, poucas a verdade, algún neno portábase mal e enchía o seu corazón de cousas feas, a árbore poñíase triste e os seus froitos non medraban.
Así que estes nenos tomaron a firme decisión de coidar moito os seus grandes corazóns para facer chegar a PAZ por todo o mundo.
E colorin, colorete, pola cheminea vai un foguete,Chiiiiiis PUM.
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas