Skip to Content

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: CARVALHO CALERO

Para profundizar na vida de Carvalho Calero, propoñémosvos os carteis gañadores deste ano que recaeu, un ano máis, no C.E.I.P. Xesús San Luís Romero.

A nosa máis sincera felicitación para a comunidade educativa do San Luís.

Carvalho Calero

Guía didáctica

BIBLIOSANLUIS

Imaxe de teresa

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Atendendo ao establecido nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, foron adaptadas as programacións didácticas de cada materia e nivel das ensinanzas impartidas no centro. As actividades lectivas deste terceiro trimestre centraranse nestas adaptacións das programacións didácticas.

Nos seguintes enlaces podedes acceder aos documentos guía:

- INFANTIL.

- 1º PRIMARIA.

- 2º PRIMARIA.

Imaxe de teresa

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Segundo a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 (DOGA NÚM.86 mércores 6 de maio de 2020) restablécese o prazo de admisión para o alumnado de 2º ciclo de Infantil e Primaria, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma.

Os novos prazos establecidos son os que se detallan a continuación:

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 11 ao 18 de maio de 2020.

O horario de presentación será de 10 a 13h na sede do C.R.A. Ponte da Pedra.

Entregar na secretaría da sede (// Anexo II , ou na aplicación online(2.2.2) , ou na Sede Electrónica// + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso) .

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA BAREMO: ata o 26 de maio.

LISTAXES PROVISIONAIS: antes do 9 de xuño.

LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: ata o 26 de xuño.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: do 1 ao 10 de xullo.


Imaxe de teresa

DERRUBANDO XANELAS

Aquí vos presentamos a compilación de traballos enviados para o proxecto "Derrubando Xanelas"

Moitas gracias pola vosa colaboración.

Imaxe de teresa

DÍA DAS FAMILIAS 2020

Desde o C.R.A. Ponte da Pedra queremos festexar o día das familias.

Para iso deseñamos unha actividade que poderás atopar no seguinte enlace. A participación é totalmente voluntaria.  

 

 

 

Ademais, quixéramos compartir esta actividade co

centro de maiores de Carballo DOMUS VI para achegarlles o noso ánimo, cariño e forza nestes momentos tan difíciles. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut