Skip to Content

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

ATENCIÓN ÁS FAMILIAS MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto, estamos en contacto a través do correo electrónico:

cra.ponte.pedra@edu.xunta.gal

Lembrade deixar os datos de contacto: nome e número de teléfono.

Bo verán!

 

 

 

 

Imaxe de teresa

PLAN DIXITAL CRA PONTE DA PEDRA 22/23

PLAN DIXITAL DO CENTRO

(aprobado no consello escolar do 29/06/22)

 

 

 

Imaxe de teresa

ERASMUS HELSINKI

Durante a derradeira semana de abril, 4 mestras do centro realizamos unha viaxe de estudos a Helsinki. Visitamos diferentes escolas na cidade finesa, caracterizadas por traballar con metodoloxías activas, inclusivas e innovadoras na procura aprendizaxes significativas diferentes da escola tradicional.

Foi unha experiencia renovadora e inspiradora para a  transformación das nosas aulas.

Neste vídeo amosamos un resumo do que foi aquela semana.

 

Imaxe de teresa

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

Desde o CRA Ponte da Pedra queremos compartir convosco un vídeo feito polo alumnado e mestres do centro para conmemorar o día da Lingua de Signos Española e amosar o noso apoio por esta lingua.

Agardamos que vos guste e desfrutedes tanto como nós o fixemos na súa realización.

 

Imaxe de teresa

MATRÍCULA 22/23

O prazo para a formalización da matrícula do vindeiro curso abrangue desde o día 20 ata o 30 de xuño.

ATENCIÓN:

- O día 21 de xuño NON haberá secretaría: estamos de excursión.

- O 24 de xuño é festivo local polo que o centro estará pechado.

Deberá entregarse na sede do CRA, o formulario de matrícula (Anexo III) xunto coa documentación que se detalla a continuación:

 

- ANEXO III (documento formalización matrícula).

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

- Fotocopia de cartilla de vacinacións.

 

- Unha fotografía tamaño carnet.

 

- Impreso das autorizacións.

 

- Enquisa Galego Equipo de Dinamización Lingua Galega.

O horario de atención ao público é de 10 a 13h de luns a venres.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut