Skip to Content

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

MATRÍCULA CURSO 24/25

 

O prazo para a formalización da matrícula do vindeiro curso abrangue desde o día 20 ata o 30 de xuño.

Deberá entregarse na sede do CRA, o formulario de matrícula (Anexo III) xunto coa documentación que se detalla a continuación:

 

- ANEXO III (documento formalización matrícula).

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

- Fotocopia de cartilla de vacinacións.

 

- Unha fotografía tamaño carnet.

 

- Impreso das autorizacións.

 

- Enquisa Galego Equipo de Dinamización Lingua Galega.

 

O horario de atención ao público é de 10 a 13h de luns a venres.

 

Imaxe de teresa

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

 

Publicada a Orde do7 de maio de 2024(DOG do 20 de maio) pola

que se regula a participación no fondo solidario de libros

de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto

e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en

educación primaria(...) para o curso 24/25.

As familias que desexen solicitar ditas axudas deben cubrir

procedemento ED330B ou o impresos de solicitude (Anexo I e II ,descargable no ficheiro adxunto)

Prazo de presentación: A presentación de instancias será ata

o 21 de xuño do 2024 (inclusive).

Horario de secretaría:

LUNS: de 16:00 a 17:30.

LUNS, MÉRCORES, XOVES E VENRES: de 12:30 a 14:00.

MARTES: de 9:00 a 11:30.

Para solicitar máis información e presentar a documentación

deben obrigatoriamente dirixirse á dirección na sede do CRA.

 

 

Imaxe de teresa

BOLSAS NEAE

BOLSAS NEAE

Publicado no BOE con data do 19 de abril de 2024:

 

Extracto de la Resolución de 12 de abril de 2024, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-2025.

Ditas Becas están dirixidas a alumnado con necesidades educativas especiais "derivadas de discapacidade, trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista" e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais.

 

Prazo de solicitudes: do 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

 

 

Imaxe de teresa

AXUDAS DE ESTUDOS DO CONCELLO - 2º CICLO INFANTIL

 

 

AXUDAS DE ESTUDOS PARA O 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

Abriuse o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental e Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo (Curso 2023-2024) que convoca o Concello de Carballo.

 

PRAZO: do 3 de abril ata o 3 de maio.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

 

- na sede electrónica:  https://sede.carballo.gal;

- ou nos rexistros do Concello de Carballo.

 

O horario de  atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recibir a información sobre estaconvocatoria será de luns a venres de 11:00h a 12:30h.

 

Documentación:

- BASES AXUDAS

- CARTAZ

- IMPRESO SOLICITUDE

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut