ACTIVIDADES PARA POTENCIAR E ESTIMULAR A ATENCIÓN
Cando falamos de actividades para mellorar e adestrar a atención son moitas as opcións que se nos presentan. En todos os casos, as posibilidades para atopar exercicios, actividades e xogos para este fin resulta, ás veces, de extrema sinxeleza e facilidade. Moitos xogos e actividades utilizadas en educación infantil, adestran esta capacidade de atención: o vexo-vexo, busca as diferenzas, atopa a letra “---”..
Con todo, tamén podemos atopar outro tipo de actividades que permiten traballar e adestrar de maneira máis específica a capacidade da atención. Entre elas, suxerímos:
· Asociación Visual:
é unha tarefa que consiste en substituír, asocia, ou relacionar con frechas, uns símbolos con outros. é unha actividade moi mecánica, que esixe sobre todo concentración, ritmo de traballo e persistencia ao seguir unha instrución dada.
· Percepción de diferenzas
A análise de dous debuxos aparentemente iguais esixe do neno unha capacidade de atención e un método na súa análise e observación.
· Integración Visual
O neno debe completar unha imaxe ou un debuxo que está parcialmente borrado.
· Discriminación visual. Agudeza visual
O neno debe atopar todos aqueles elementos iguais aos propostos (letras, sílabas, palabras, números, debuxos,...), de entre un conxunto deles que son perceptualmente similares
·Laberintos
Na actividade de seguir un laberinto co lapis conflúen habilidades grafomotrices e atencionales.
·Seguimento visual
Exercita a capacidade para seguir a dirección das liñas que se atopan "entrelazadas" unhas con outras e que conducen desde un punto a outro. Nos casos de dificultade é aconsellable o apoio do seguimento da dirección co dedo ou co lapis e, unha vez identificada a "ruta" correcta, trazar con rotulador o camiño da traxectoria localizada.
·Figura-fondo
Exercicios para colorear determinadas partes dun debuxo ou forma para que deste xeito emerxa unha figura respecto do fondo branco (sen colorear).
·Atención auditiva
Seguir ordes dadas, seguir ritmos..
Deixovos unhas fichas que traballan estos aspectos
Pilar Fernández
Mestra Especialista Pedagoxía Terapeútica
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 21 semanas