Skip to Content

BE

Imaxe de Patri

POÑÉNDOLLE CARA A LERETAS

Como ben sabedes as persoas non podemos ver o aspecto das pantasmas, pero a nós picábanos moito a curiosidade e quixemos saber como era a pantasma que habita na nosa escola. Nun primeiro momento decidimos que a mellor maneira para conseguilo era que cada un de nós imaxinara como podía ser, debuxala e despois deixarlle ver os retratos a "Leretas". Esto non resultou, "Leretas" díxonos que non se parecía a ningún dos modelos e deunos unha posible solución, facer un debuxo de maneira conxunta no que cada un de nós aportara algo novo ao debuxo, finalmente este traballo en equipo deu resultado e xa lle poñemos cara a "Leretas", queredes saber como é? aquí vos deixamos unha foto

Distribuir contido


by Dr. Radut