Skip to Content

alimentación

Imaxe de Patri

FACENDO BROCHETAS

Despois de probar as sandías que nos trouxo Mariña decidimos facer unhas brochetas de froita con sandía, uvas e plátanos, mirade que ben nos quedaron ademais de estar moi saborosas...

 

Imaxe de Patri

Viva la vida

No mes de outubro a nosa compañeira Mariña trouxo do seu horto dúas  sandías, aproveitamos a ocasión para medilas, pesalas, comparalas... e por suposto para degustalas, estaban riquísimas!!!Canso

Ademais traballamos a unha pintora moi famosa que pintou un cadro tamén moi famoso con sandías, falamos por suposto da coñecida Frida Kalho. Coñecemos a súa biografía e as súas obras, despois quixemos imitar o cadro que pintou con sandías no que aparece a frase: "Viva la vida". Aquí vos deixamos unhas cantas fotos desas sesións:

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut