Ao longo destas semanas estivemos avanzando no traballo sobre o proxecto da neve. Ademais de recoller e escribir a información dos libros que falan do tema, estivemos experimentando coa neve e as súas versións.
Aproveitamos nos días anteriores a observar detidamente o noso contorno: houbo días que sarabiou cando o tempo foi moi chuvioso ou días que xeou cando o tempo foi máis seco e as temperaturas baixas. Non é neve, pero si o máis parecido que podemos atopar na nosa localidade.
Noutra xornada pintamos con xeo de cores que adubaron con colorante alimentario; no que crearon as súas cores a través de mesturas.
Esta semana experimentamos cos tres estados da auga. Levamos xeo á aula, tocámolo e falamos das sensacións que nos producía. Falamos do proceso de transformación pensando en que elementos do contorno se deben modificar para que a transformación sexa posible. Cadaquén deu o seu parecer e todas as respostas tiveron cabida.
Aquí tedes as imaxes da sesión.
Para rematar, todas e todos xogaron co xeo e a auga.
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas