Skip to Content

ENTROIDO

Imaxe de MaríaLopez

A LUZ E A IMAXINACIÓN

Cando a luz aparece, pode facer voar a nosa imaxinación, Así foi como a luz do sol fixo que diferentes complementos na cabeza, nos permitira imaxinar que non estábamos na Rega. 

                                             

 

Imaxe de MaríaLopez

COMEZA O ENTROIDO

Un ano máis damos a benvida ao Entroido. Momento no que desfrutamos ao máximo do xogo simbólico; a imaxinarmos que somos outras persoas, que fan outras cousas. A etapa de educación Infatil é un momento idóneo para o desenvolvemento desta capacidade simbólica, polo que estes días aproveitamos, non só para celebrar unha conmemoración, a chegada do comezo do bo tempo, senon tamén para permitir que as nenas creen outros mundos, desenvolvan a súa autonomía, fantasía, colaboración, a dramatización…


Imaxe de Monica

ENTROIDO

A semana pasada celebramos unha das festas máis tolas do ano. Na escola estivemos moi atarefados:

* O Meco non parou de dar mandatos.

* Recorrimos pobos galegos coñecendo/recordando persoaxes típicas desta festa: Os Peliqueiros de Laza, O oso de Salcedo, As pantallas de Xinzo, Os cigarróns de Verón... e os choqueiros da Coruña.

*Dimos a benvida o entroido cun pasarúas cos nosos compis das outras escolas e cunha festa chea de talleres no mercado.

Imaxe de Jacqueline

ENTROIDO

Aquí vos deixamos algunha imaxe da semana pasada, na que celebramos o entroido seguindo as indicacións do Meco. Pasámolo moi ben nunha semana moi diferente ás demais!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut