Aproveitando a ocasión achegámonos a poesía. Tras coñecer algúns datos da vida de Rosalía e da súa obra creamos os nosos primeiros versos. Foron uns pareados moi ben rimados. Para recordar este día fixemos un móvil para o noso xardín e unhas pulseiras para a nosas casas.
Agradecer ás familias as achegas dos postres típicos destas datas. Estaba todo moi saboroso! Mmmmmm!!!
Despois da merenda, saímos a correr o Antroido polos arredores da escola de Sísamo. Fixemos un pequeno percorrido polas carreteras que rodean a escola, anunciando a chegada das festas á parroquia. Ese día cadaquén veu disfrazado como máis lle gustaba.
Ademais serveunos de ensaio para a festa do venres que se celebrou no mercado municipal.
Tocar os instrumentos e facer ruído foi divertido e, ao mesmo tempo, moi cansado. Descubrimos que calquera instrumento require dun esforzo e se, a isto lle engadimos ter que camiñar e tocar ao ritmo marcado, ese traballo multiplícase.
COMENTARIOS
hai 3 anos 36 semanas
hai 4 anos 42 semanas
hai 4 anos 42 semanas
hai 4 anos 42 semanas
hai 4 anos 42 semanas
hai 4 anos 42 semanas
hai 4 anos 42 semanas
hai 4 anos 42 semanas
hai 4 anos 42 semanas
hai 6 anos 20 semanas