Skip to Content

Filosofía para Nenos

Imaxe de teresa

EnValorArte

Nestas semanas pasadas as nenas e nenos de Sísamo estiveron reflexionando sobre a importancia de compartir e respectarnos. Para iso, coa axuda do mestre Alberte e Alba, buscaron alternativas ante a aparición dun problema:non había suficientes papeis para pintar todas e todos. Despois de ofrecer as posibles solucións, decidíronse por cortar á metade os papeis para que puidesen participar a totalidade das nenas e nenos.

A actividade remata cunha exposición dos debuxos para recordarnos a importancia de compartir e respectar aos demais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

MÚSICA E PINCEIS

 

MÚSICA, PENSAMENTO E PINTURA

O venres dedicamos o remate da xornada a traballar as habilidades do pensamento de Mathew Lipman dentro dos traballos da Filosofía para Nenos (FPN). Tratábase dunha tarefa moi difícil, porque debíamos traducir a música que estábamos a escoitar nunha obra plástica. Se isto xa era de por si complicado, debíamolo facer en silencio e sen valoración cuantitativa nin cualitativa do traballo propio e alleo. Só se tiña un vaso de pintura cunha soa cor que se podía intercambiar cunha compañeira ou compañeiro cando se indicase. As consignas estaban claras.

O resultado foi mellor do esperado. 

Aquí vos deixo un pequeno resumo do traballo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut