Skip to Content

Luz

Imaxe de MaríaLopez

Retroproxector!

Esta semana chegou á aula un retroproxector, emprestado polo CEFORE da Coruña, que é o centro de Formación e recursos.

Que será? Para que serve? As descripcións ofrecidas polos nenos e nenas foron moi detalladas e parecía que xa souberan para qué servía, como se fosen os seus pais e nais, que durante os seus anos de instituto e universidade vían aquel aparello día sí e día tamén.

Pois ben, tocou presentar o material e observar. Proxectamos uns insectos que trouxeran pola mañá e despois nos imaxinamos que montábamos a cabalo, león ou elefante. Foi moi, pero que moi divetido.  

Agora solo queda que sexan eles os que exploren. Estade atentos ao que facemos. 

 

 

Imaxe de MaríaLopez

Arco da Vella de Luz

As cores do arco de vella desta vez as descubrimos a través dun xogo de luces. Ás pezas de Lego da escola lle incorporamos unha luz led e simulamos o Arco da Vella. 

Presentación en Gran grupo e logo tan solo queda xogar e modificar.

 

 

Imaxe de MaríaLopez

A LUZ E A IMAXINACIÓN

Cando a luz aparece, pode facer voar a nosa imaxinación, Así foi como a luz do sol fixo que diferentes complementos na cabeza, nos permitira imaxinar que non estábamos na Rega. 

                                             

 

Imaxe de MaríaLopez

DEBUXAMOS COA LUZ

Neste caso,  para facer debuxos con luz, utilizamos unhas pequenas luces de led que colgan duns fíos. As nenas e nenos as moverán e desplazarán para crear no chan un debuxo de luz que desaparecerá á "velocidade da luz".

 

 

Imaxe de MaríaLopez

Luz LED sumerxible

Este trimestre ademais de actividades na mesa de luz imos adicarlle un espacio e un tempo a actividades de exploración e experimentación coa luz, en multitude de formas.  

A primeira de estas experiencias foi explorar as luces LED sumerxibles, estiveron fascinados e encantados. Xogan por parellas e modifican as cores co mando, despois o que acontece alí xa é creación única e exclusivamente deles.

                                 

Distribuir contido


by Dr. Radut