Skip to Content

experimentos

Imaxe de MaríaLopez

Neve!

Esta semana necesitábamos para a mesa de trasvase algo de neve, así que como no noso patio non tiñamos ningunha, claro está, a creamos de maneira artificial. Para iso necesitamos bicarbonato e auga, materiais moi sinxelos, fáciles de conseguir e cos que estivemos manipulando toda a semana.

                 

Imaxe de MaríaLopez

Estalactita e estalagmita

Unha estalactica  e unha estalagmita son depósitos de minerais que se forman por precipitación química no teito ou no chan das covas de caliza debido á decantación de solucións e deposición de carbonato cálcico. 

Pois ben, na Rega investigamos o que era iso das estalactitas e estalagmitas e vimos que as que se forman cando se conxela a auga son diferentes ás das covas. Fixemos un experimento con auga, sal, un fío e clips; creamos un minimundo de estalactitas luminosas e xogamos un pouquiño co poliespán e a forma que teñen as estalactitas e estalagmitas. 

           

Imaxe de MaríaLopez

EXPERIMENTAMOS I

As nenas e nenos trouxeron a clase un cubiño de xeo co que experimentar, facer premisas e conclusións de como e cando se ía derreter. 

                                         

 

Distribuir contido


by Dr. Radut