Skip to Content

conmemoracións

Imaxe de Emilia

Día da Paz , 30 de Xaneiro de 2019

O longo desta semana achegámonos máis o concepto da Paz. Aínda que a nosa escola é moi tranquila debemos ser conscientes de en outra partes do mundo non teñen tanta sorte. Aprendemos a valorar todo o que temos, a través da historia de Malala Yousafzaí (premio Nobel da Paz).

Ademáis seguimos a proposta do equipo de dinamización lingüística e elaboramos unhs corazóns para colocar na escola e na nosas casas. Estes corazóns indican que cando esteamos baixo deles, con outra persoa, temos que darnos unha aperta.

Fixemos tamén un rincón da paz ao que podemos acudir cando necesitemos un minutiño para estar con nós mesmos.

 

Imaxe de MaríaLopez

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O día 3 de decembro foi proclamado no ano 1992 pola Asamblea General das Nacións Unidas como Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Por iso, e seguindo a proposta de diferentes entidades sociais de toda Galicia, a aula da Rega uniuse a iniciativa:                    "Baixo o mesmo paraugas"; na cal a meta é visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual(ASPACE)

Distribuir contido


by Dr. Radut