Skip to Content

VIOLENCIA XÉNERO

Imaxe de MaríaLopez

Día da Non Violencia

O pasado 25 de Novembro celebrouse o día internacional contra a Violencia de Xénero e dende a aula de Rega reflexionamos sobre a utilización das nosas mans, dando un paso atrás á violencia e un paso adiante ao amor, palabras, arte, sensacións  e todo a través das nosas mans.

      

 

            

Imaxe de Sandra

OS PASOS DAS MULLERES DAS NOSAS VIDAS ( Conmemoración Día Internacional Contra a Violencia de Xénero)

"A igualdade é a alma da liberdade; de feito non hai liberdade sen ela" Frances Wright ( Escritora)

 

O pasado venres grazas á colaboración das familias conmemoramos o "Día internacional contra a violencia de xénero" ( día oficial 25 de novembro), a través das vivencias das mulleres que forman parte das vidas dos nenos e nenas da Escola de Cances.

 

Para iso, cada neno/a trouxo ese día á escola un par de zapatos ou zapatillas das súas nais, irmáns, avoas... de cara a falar das vivencias que nos transmiten ditos zapatos.

Son zapatos con moitas historias que contar, todos diferentes e todos iguais en dereitos.

E as verbas que saíron foron:

-Os zapatos da miña avoa son moi brillantes, son zapatos de festa e saben moito de música porque gústame ir ca miña avoa as festas.

-As zapatillas da miña irmán saben moito de contos, porque cando me le contos sempre as leva postas.

-Estes son os zapatos de cando miña nai vai traballar, eles si que poden contar moitas historias que pasan no día a día no traballo da miña nai e que ela me conta cando chega a casa.

-Estes zapatos ponos miña nai cando imos pasear, e saben de moitos lugares polos que pasaron.

-As zapatillas de deporte de miña irmá fan moitos kilómetros no seu instituto e tamén os leva postos cando me axuda a estudar na casa, xa coñecen moitas cousas.

-Estas zapatillas son coas que xoga miña irmá pequena, son zapatillas de xogos e alegrías.

 

Chegamos a conclusión que todos os zapatos e zapatillas que trouxeron teñen historias que contar, historias de mulleres grandes e pequenas en idade, pero todas importantes, porque todos os pasos que dan forman parte das súas vivenicas do día a día.

Zapatos e zapatillas de saben de: festas, de contos, de historias, de camiños, de traballos, de esforzos, de alegrías, de tristuras... pero que sempre dan pasos pola igualdade.

 

Tamén decidimos probalos para saber o que se sente o poñernos nos zapatos das mulleres das nosas vidas:

 

 

 

E fixemos unha pequena instalación cos zapatos e as flores que trouxeron dos seus xardíns para compartilas cos seus compañeiros e compañeiras como símbolo de respeto e amizade entre iguais.

 

 

 

 

Grazas a todas as familias pola colaboración !

Distribuir contido


by Dr. Radut