Skip to Content

challenges

Imaxe de Emilia

LEONARDO DA VINCI E MAIS!

O longo deste curso coñecimos a Leonardo da Vinci, e as súas aficións. O seu prototipo de "ROBOT" levounos a coñecer diferentes maquinas e como estas evolucionaron. Parámonos a clasificar os diferentes tipos de transportes e a indagar sobre algúns deles. Adicamos un tempo especial a crear un prototipo de planeador e superar algún reto. Tamén coñecimos os irmáns Wright, Amelia Earhart e María Bernaldo de Quirós.

 

Imaxe de Emilia

NIÑOS DE PAXARO!

Nun día de vento apareceu no noso xardín un niño de paxaros. Que mellor ocasión para poder investigar e xerar un novo reto! Tipos de niños, paxaros da contorna, materiais empregados... e o reto de construir o noso propio niño. O remate colocamos os niños na árbore do xardín. Agora teremos que esperar a que algún paxaro quera instalarse en Xoane!

 

Imaxe de Emilia

PROGRAMACIÓN FORMAS XEOMÉTRICAS

As formas xeométricas están en tódalas partes, obxectos, natureza, imaxes... coa axuda da eiruga estivemos dándolles unha volta máis.

Imaxe de Emilia

Retos de Outono

                      

 

En Xoane gústannos os retos, temos unha zona da escola destinada a estes menesteres. A través de diversos materiais que aínda estamos a coñecer, imos ir deixando que a nosa imaxinación e creatividade nos guie. Estade atentos!! Estes pequenos creadores prometen! 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut