Skip to Content

PROXECTOS

Imaxe de Emilia

PROGRAMANDO 3

Outra mostra das nosas sesións de programación.

Imaxe de Emilia

LEONARDO DA VINCI E MAIS!

O longo deste curso coñecimos a Leonardo da Vinci, e as súas aficións. O seu prototipo de "ROBOT" levounos a coñecer diferentes maquinas e como estas evolucionaron. Parámonos a clasificar os diferentes tipos de transportes e a indagar sobre algúns deles. Adicamos un tempo especial a crear un prototipo de planeador e superar algún reto. Tamén coñecimos os irmáns Wright, Amelia Earhart e María Bernaldo de Quirós.

 

Imaxe de Emilia

AS ABELLAS

Aproveitando este día, realizamos diversas actividades durante toda a semana referidas as abellas e a súa importancia (formas xeométricas, a polinización, a comunicación entre elas, mel e diferentes tipos...)

Imaxe de Emilia

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Traballamos os alimentos, a súa clasificación, a dieta saudable, a elaboración de productos a través de materias primas... e o principal, autonomía, respecto e traballo en equipo. Aquí tedes un pequeno exemplo do que estivemos a facer!

 

 

Imaxe de Jacqueline

LIBRO SOBRE OS VEHÍCULOS

Ola a todos e todas!

Xa hai unhas semanas que comezamos un proxecto novo na aula. Esta vez, como sabedes, estamos a investigar sobre os Dragóns. Pero antes de comezar este novo proxecto, estivemos aprendendo cousas sobre os vehículos. Toda a información recopilada forma parte agora dun libro que podemos consultar sempre que queiramos na nosa biblioteca de aula. Déixovos o libro adxunto por se queredes botarlle unha ollada.

Distribuir contido


by Dr. Radut