As nosas verduras medraron tanto que xa empezamos a comelas! O venres pasado tivemos o noso primeiro almorzo verde: ensalada de leituga e acelgas cocidas, ¡algúns de nos ata repetimos! Estamos moi emocionados coa nosa horta: regamos todos os días, medimos o que medran... e agora ata plantamos as sementes das froitas que tomamos no almorzo!
Aqui vos deixamos un par de fotos para que poidades vernos en plena acción
Coa chegada da primavera, pensamos que sería boa idea crerar a nosa propia horta no patio da escola. Escribimos unha nota ás familias e enseguida varias mamás e avoas viñeron axudarnos. ¡Que sorte temos con elas! Pasamos a mañá sachando, abonando, sementando... uff canto traballo. E agora queda facer os carteis, regar todos os días, sacar as herbas... e si todo vai ben, dentro dunhas semanas xa teremos verduras e hortalizas frescas!!. Temos: prixel, xudías, acelgas, chicharos, patacas e cenorias.
Aqui deixamos unha foto de todos os protagonistas e na galeria hai moitas máis.
Empezou coa visita da "Tía Mónica" que veu unha mañá dicindo que Lourdes, a profe, estaba enferma. Era moi rara, falaba con acento inglés tiña gafas de sol... ¡¡ Era Lourdes disfrazada!! Asi empezou o Entroido en Rega, e durante uns días non paramos!!:
- Creamos o recanto dos disfraces, con perrucas, colares, pañoletas, capas, saias, pinturas e un espello
-Celebramos o xoves de comadres e compadres, facendo bonecos con xornal que tiñamos que esconder no patio. Si os atopaban e rachaban, empezaba a "guerra da fariña"... Quedamos todos brancos!!
- Na última semana tiñamos que estar atentos aos mandados do Meco: vir con algo na cabeza, no pescozo, zapatps diferentes e por ultimo vestidos de choqueiros para a Festa!
Aqui vos deixamos o video da nosa actuación (o son e as imaxes van algo descompasadas) e na galeria tedes un album de fotos do Entroido.
Moitas grazas a todos pola vosa gran, gran colaboración
Voltamos das vacacións de Nadal entusiasmados cos nosos novos xoguetes, asi que aproveitamos ese interese para preguntarlles ás familias, a que xogaban de pequenos.
Todos fixeron os deberes e respostaron a nosa enquisa. Fixemos unha lista cos seus xogos favoritos, invitamoslles a vir á escola e ¡puxemonos a xogar!
Na Galeria tedes un album coas fotos dos xogos tradicionais que recuperamos.
COMENTARIOS
hai 3 anos 32 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 4 anos 39 semanas
hai 6 anos 16 semanas