Skip to Content
Imaxe de teresa

É MEU AMIGO.

 

"É meu amigo"

O mércores 11 de outubro ás 18:00h estrearase "É meu amigo" un espectáculo inclusivo de A trastenda dos Contos que conta por igual en lingua de signos e lingua oral. Nesta obra, participa a nosa compañeira Gema, intérprete de lingua de signos do noso centro.

A entrada é libre ata completar aforo. Podedes recoller a invitación na conserxaría do pazo en horario de 18:00 a 19:00.

 

Imaxe de teresa

HORARIO DE VERÁN

Imaxe de teresa

FIN DE CURSO 22/23

 

“Todas as persoas utilizamos elementos, obxectos, ... que noutrora foron soñados por alguén”

Dun comentario coma este, podemos pensar que todas/os somos usuarios dos soños doutra persoa que, gracias ao seu esforzo, talento e constancia, lle deu forma e chegou a facelo realidade.

A formación deste CRA foi o soño dun grupo de mestras, no que se atopaba Isabel, mestra de Sísamo, á que hoxe lle dedicamos a nosa particular homenaxe.

É importante destacar o teu labor educativo durante os 32 anos a prol da escola rural; sendo Carballo, concretamente, o lugar onde decidiches desenvolver a túa carreira profesional e onde varias xeracións de nenas e nenos creceron contigo.

Agradecerche as túas achegas, experiencias e consellos en calquera situación que se che pide. A ilusión, o ánimo e a seguridade que nos transmites nas iniciativas que se che propoñen.

Gracias por formar parte das nosas vidas.

Aquí queda a túa casa, á que sempre serás benvida!

 

Imaxe de teresa

A Lingua de Signos suma

 

 

 

Sabiades que a lingua de signos reúnen todos os requisitos para ser consideradas unha lingua propiamente dita? Así o recoñece a Lei 27/2007, do 23 de outubro, que supuxo unha das maiores reivindicacións da comunidade xorda.

No CRA Ponte da Pedra, asumimos un papel de loita cara a escola inclusiva, aproveitando a diversidade como unha oportunidade para o enriquecemento no proceso educativo.

Entre todas e todos, derrubamos barreiras!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

MATRÍCULA 23/24

 

MATRÍCULA 23/24

 

O prazo para a formalización da matrícula do vindeiro curso abrangue desde o día 20 ata o 30 de xuño.

Deberá entregarse na sede do CRA, o formulario de matrícula (Anexo III) xunto coa documentación que se detalla a continuación:

 

- ANEXO III (documento formalización matrícula).

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

- Fotocopia de cartilla de vacinacións.

 

- Unha fotografía tamaño carnet.

 

- Impreso das autorizacións.

 

- Enquisa Galego Equipo de Dinamización Lingua Galega.

 

O horario de atención ao público é de 10 a 13h de luns a venres.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut