Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Educación Responsable e a Familia

Imaxe de Jesus

Se queremos cumplir mellor os nosos obxetivos e moi importante que escola e familia traballen na mesma direción.

Con esta colaboración non so se fomenta o desenvolvemento positivo dos nenos e nenas, se non que a interacción beneficiará a todolos participantes: alumnado, escola e familia.

Por iso queremos facer participes as familias de dous documentos do programa educación responsable no que aparecen diferentes actividades a levar a cabo.

Este programa foi creado pola área de educación da Fundación Botín para contribuír á formación integral do alumnado de todas as etapas educativas.

 

O proxecto céntrase en favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, promovendo a comunicación e a mellora da convivencia nos centros escolares, e en fomentar a creatividade a partir do traballo con docentes, alumnos e familias.

 

Ao longo de tres anos a Universidade de Cantabria realizou unha avaliación externa da aplicación intensiva de Educación Responsable entre os centros participantes mediante unha avaliación psicopegagóxica e comprobouse que houbo unha mellora das habilidades emocionais nos nenos, do clima da aula e dos resultados académicos.

 

Actualmente está implantado en 160 centros de Cantabria, Madrid, A Rioxa e Navarra. No actual curso incorporaranse as Comunidades Autónomas de Murcia e Galicia.

 

No curso 2014-15, de maneira experimental, implantarase  en 9 centros da Comunidade Autónoma galega, grazas á colaboración interinstitucional da Fundación Botín, da Fundación Barrié e da Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria.

 

 

Lee en familia.

Actividades en familia.

 

AdxuntoTamaño
LEE en familia.pdf1.18 MB


story | by Dr. Radut