Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O ENTROIDO

Imaxe de susana

Don Carnal estivo na escola de Sísamo facendonos disfrutar moito!!

Estivemos investigando sobre o Entroido noutras lugares de Galicia e viaxamos ata  Xinzo de Limia (Ourense) para coñecer as Pantallas e outras tradicións que fan neste pobo polo Entroido, gustounos tanto que fixemos as nosas propias máscaras de Pantalla.

Na páxina do CRA emitiuse un telediario no que uns presentadores moi divertidos nos informaron de que había un meco solto por Carballo que no andaba a enviar “mandados” e así tivemos que ir a escola con algo pintado na cara, con algo no pescozo e con algo na cabeza. Como nos gustou ver o teledario, magoa que xa rematara e emisión…

Tamén houbo unha festa de disfraces no cole con desfile incluido!!! Estabamos todos e todas ben guapos e guapos e non só os alumnos e as profes senón tamén as mamás se disfrazon e nos prepararon unha merenda con chocolate, filloas, rosquillas, orellas….uuummmhh pa´chuparse os dedos.

E como fin de festa do Entroido difrazamos de Choqueiros e fomos o San Cristovo, alí xuntamonos coas outras escolas do CRA e pasamos unha maña inesquecible, porque ademais das nosas actuacións, tivemos unha presentadora chegada de París que se chamaba Bernadet que nos fixo rir e rir e as Cantareiras de Ardepontedapedra foron o nova mais.  

Na galería  deixamos fotiños e aquí vos queda a nosa gran actuación.

 



page | by Dr. Radut