Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

DÍA DA PAZ ADICADO A HAITÍ

Imaxe de isabel

Este ano o Día da Paz foi un día moi especial, pois o terremoto que sufriu Haití estaba moi presente nos nosos corazón, polo que decidimos aportar o noso gran de area (xa o di o refrán “un grano no hace granero, pero ayuda al compañero”) e colaborar coa reconstrucción de ese país.

Os nenos e nenas descubriron onde estaba Haití, que a pesares de que nos separan moitos km de distancia dende fai uns días a todos nos semella que esta mais preto de nós. Virón que é unha illa, que igual que aquí temos Razo ou Caión para ir a bañarnos no verán alí hai uns praias preciosas, as que tamén lles gustaría ir a bañarse!! Virón fotos de nenos e nenas de Haití e descubriron que eles teñen pel mais oscura que a nosa, pero que son nenos e nenas coma nos, os que tamén lles gusta xogar, rir, estar cos seus pais e nais.Entre todos falamos do que é un terremoto e do que pasa cando hai un, vimos imaxenes de casa derrumbadas, de estradas abertas, de pontes caídas….. que día a día saen no xornáis, buscamos en internet,…sobre Haití.

Para axudar a xente de Haití decidimos convertirnos en pintores, montar unha exposición cos nosos cuadros, polos a venda e doar a Cruz Vermella de Carballo os cartos que recaudasemos.Polo que nos puxemos mans a obra e a pintar, cada un elexiu o seu cuadro e deulle o pincel misturando cores de aquí e de alí, pegando boliñas, pastilina,.... Cando rematamos as nosas obras de arte, montamos a nosa exposición e enviamoslle a papá, mamá, os abós, as aboas…..unha invitación para que viñesen a coñecer a nosa exposición e poder mercar algunha das obras que alí ían atopar.

O venres 29 de Xaneiro as 13:45h abrironse as portas de nosa exposición, tivemos unha gran afluencia de visitantes e levaron todos os cadros!! Dúas nais, que voluntariamente se ofreceron a colaborar, encargaronse de recoller o diñeiro que cada un foi pagando pola obra de arte que mercaba e o resultado final foron 235 euros!! Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.   

Na Galeria podedes ver as hermosas obras de arte que pintamos. 

 



page | by Dr. Radut