Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Visita á Biblioteca Municipal de Carballo

Imaxe de isabel

O 18 de Decembro papá e mamá non nos levaronnos o cole senón que fomos a Biblioteca Municipal de Carballo, onde nos xuntamos coas nenas e nenos de Cances.Unha vez dentro agardabamos o bibliotecario para contarnos unha morea de cousas como: que necesitamos un carné para levar o contos para a casa, (os nenos e nenas que non o tiñan fixeronllo alí e ¡xa todos somos socios!), que podemos levar a casa os libros moitos días e despois cambia-los por outros, que os temos que coidar moito; e ensinounos os diferentes contos que alí nos podemos atopar: uns de plástico cos que nos podemos meter na bañeira, outros que ademáis de ser un conto son xogos como un puzzle, un quebracabezas, etc., había contos moi pequeniños, outros moi grandes, uns eran moi suaves, outros tiñan unhas lenguetas que o tirar moviase, outros contos que se convertian en castelos, naves espacias, animais...e ademais de contos tamén hai películas que nos podemos levar a casa. Papá e mamá gustounos moito a visita a Biblioteca e estou desexando voltar a ir!

 



page | by Dr. Radut