VENRES DE ANTROIDO
ANTROIDO
Este venres 17 de febreiro, todas as escolas do CRA, reunirémonos no mercado municipal para celebrar o Antroido. Abandonaremos a rutina das aulas para afondar e recuperar o Antroido que se facía noutro tempo nas aldeas da comarca, a través das madamitas e dos ghaláns.
Para facer os traxes dos disfraces, contamos coa axuda da Escola do Alprende de Oza, que moi xentilmente nos achegaron información sobre a investigación que fixeron nese eido. Ademais, colaborarán connosco acompañándonos con música tradicional.
Sobre as 10:30/10:45, iniciaremos esta andaina na praza de abastos, nun dos espazos que o Concello de Carballo nos empresta para poder celebrar esta xornada de convivencia. Correremos o Antroido no centro do municipio dándolle un pulo á tradición e cultura do noso Concello e da nosa comarca.
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas